Saturday 04 de May de 2024

A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá a recepción dos Reis Magos en Boqueixón, que incluirá un espectáculo infantil


A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá mañá mércores 5 de xaneiro a tradicional recepción dos Reis Magos. Unha actividade dirixida unicamente a nenos e nenas empadroados en Boqueixón ou matriculados nun centro educativo do municipio, que nos últimos días xa rexistraron a súa participación na web municipal.

Ás 16:00 horas terá lugar o espectáculo “Os tres porquiños”, unha obra musical con bonecos a tamaño real da compañía EducaTeatro Producións. Ás 17:00 horas terá lugar un sorteo de agasallos, en colaboración con SBC Gasolineras, e a recepción dos Reis Magos.

O Concello de Boqueixón lembra que durante o desenvolvemento da actividade será preciso cumprir con todas as medidas preventivas recomendadas polas autoridades sanitarias: levar máscara en todo momento, manter a distancia de seguridade e hixienizar as mans.